Banda

Banda de Música “Lira” de San Miguel de Oia

 

No mes de outubro de 1931, D. Severino Alonso Mallo, veciño da parroquia de San Miguel de Oia, reuniu a uns rapaces de entre 16 e 18 anos e lles ensinou solfexo. Tí- ñaos diariamente a seu lado, ata altas horas da noite. Cando él pensou que xa ian de- fendéndose no solfexo, foise de casa en casa, a animar ós respectivos pais a que mer- caran os instrumentos para os seus fillos. Comezaron os ensaios, e o Domingo de Pascua (27 Marzo de 1932), apareceron en público por primeira vez, na súa propia parroquia.

D. Severino dirixiu a Banda ata o seu falecemento en 1943. Todos os que o coñece- ron, coinciden en afirmar que o Maestro Severino foi un home moi disciplinado, de grandes cualidades humanas e cargado de unha gran retranca: “Nunca reprendía di- rectamente a ninguen, pero nos sabíamos ben por onde iban os tiros”.

Sucedéulle o seu fillo, D. José Alonso Sanromán, ata que emigrou a Montevideo. Quedou a Banda sen director, pero non se desfixo, gracias o músico D. Enrique Go- berna Moreira, que logrou sostela ata o ano 1978. A partir desas datas, colle a batuta D. Luciano Pérez Alonso, sobriño do fundador.

Dende aquela data, ata agora, cabe resaltar a participación da Agrupación en distintos festivais “bandísticos” por toda a Península Ibérica e varios intercambios culturais con outras asociacións do mesmo tipo dentro de toda a xeografía galega, Portugal e Valencia. Cabe resaltar tamén os convenios de colaboración con Asociacións de Ve- ciños, Concello de Vigo e Deputación Provincial de Pontevedra.

Dende 1.982 participa co Concello de Vigo no intercambio de colaboración que ten coas bandas de música, dando concertos en todos os barrios do concello.

No ano 2002 e coincidindo co seu 70 aniversario, a nosa Agrupación Musical conse- guiu o terceiro premio no prestixioso “Certamen de Bandas Ciudad de Cullera”, e o primeiro premio na modalidade de pasa rúas. Así como un segundo premio no Cer- tame de Bandas da Deputación de Pontevedra.

No ano 2003 logrou un terceiro premio no “Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia”

No ano 2004 recolleu o terceiro premio no “Certamen de Bandas de Música Villa de Leganés” e no ano 2005 esta banda alcanzou o primeiro premio e o premio a mellor interpretación no quinto Certame Provincial de Bandas de Música Popula- res de Pontevedra organizado pola Excelentísima Deputación de Pontevedra.

Neste ano, no 2005, toma a batuta da banda, D.Javier Gónzalez Lamas, que permane- ce como director da mesma ata o ano 2013.

No ano 2008 destacamos un intercambio cultural coa Academia Banda de Música de Ourém – Fátima – Portugal, así como un encontro con Bandas da provincia da Coru- ña na localidade de Arzúa .

A directiva da Agrupación Musical, quere que sexa unha Agrupación Musical da que todo os veciños de San Miguel se poidan sentir orgullosos e onde os rapaces poidan desenvolver unha actividade artística, por iso, na actualidade a Agrupación Musical conta cunha escola de música na que hai casi 100 alumnos e alumnas estudando sol- fexo e instrumento, clases impartidas por profesores de alta cualificación en especia- lidades de vento-madeira, vento-metal, percusión, canto e solfexo, tendo como ob- xectivo final, a formación de músicos para a súa incorporación a banda ou a outros tipos de actividades musicais .

Dende comenzo do ano 2016 , dirixe a Banda D. Juan Carlos Díaz Álvarez