Coral

 

Coral Polifónica “Lira” de San Miguel de Oia.

 

A Coral dá Agrupación Musical “Lira” de San Miguel de Oia, comeza os seus ensaios, o 5 de febreiro do ano 2.000, impulsada por inquedanzas culturais dun veterano grupo de incondicionais da banda de música da mesma agrupación, e a súa andaina, chega ata os nosos días

A súa primeira directora foi Dona Begoña Alonso. No ano 2.002, faise cargo da dirección Dona Rebeca Sestelo, ata fin de ano, momento no que se fai cargo da dirección artística da coral, Don Javier Domínguez Millán.

Con entusiasmo e dedicación, ven ofrecendo multitude de actuacións, entre as que cabe destacar, as colaboracións coa Banda de Música “Lira” de San Miguel de Oia.

No ano 2.012, organiza o primeiro festival de canto coral dás autonomías, sumándose os diferentes festivais que xa se veñen desenvolvendo anualmente, en colaboración cá AVV de San Miguel de Oia, e a Igrexa Parroquial, ca que ademáis, ven desenvolvendo, tamén anualmente, os festivais de música sacra, en semana santa, Festival de Outono, e festival de panxoliñas. Durante todo este período, tamén organiza e participa en diferentes intercambios culturais con distintas corais, por todo o territorio nacional (Galicia, Cantabria, Extremadura, Burgos, León…).

Dende o ano 2.003, a coral polifónica “Lira” de San Miguel de Oia, forma parte da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI), da que é findadora e ca que comparte o título de Viguesa Distinguida, dende o ano 2.008. Tamén forma parte da Federación de Corais de Galicia (FECOGA)

Dende setembreo de 2.014, o cargo da dirección, está o actual director,Don Jorge Fernández González.