Director Banda

Director, Juan Carlos Díaz Álvaerz

Inicia os estudos musicais na Agrupación Musical de O Rosal. Estuda cos profesores José V. Simeó, José V. Navarro e Eduardo Noueroles. Asiste a cursos de perfeccio- namento de tuba cos máis prestixiosos mestres. É socio da Asociación Española de Tubas e Bombardinos. Pertenceu e colaborou con diversas Orquestras e Bandas Mu- nicipais. É fundador da “Agrupación Musical de O Rosal”, da Banda de Música “Harmonía” do “Tubachristmas” e do grupo de tubas “Tubata”.

Estuda dirección no Instituto Superior Europeo Bandístico (Italia) co profesor Jan Cober. Asistiu a cursos de dirección con diversos mestres. Como Director Artístico funda e dirixe a “Banda de Música de Chapela” e a “Agrupación Musical de Goián” e tamén dirixe a Banda de Música “Xuvenil de Xinzo”. Con estas agrupacións acada diferentes premios nos certames Provincial e Galego. É socio da Asociación nacional de Directores de Banda.

Obtén os premios da 3a e 4a edición do concurso nacional “Acordes” dirixindo a Banda de Música do Cmus Profesional de Vigo. Realiza concertos didácticos por toda Galicia, sendo o Director Artístico das Unidades Didácticas “Os Instrumentos da Or- questra”, “A Forma Musical”, “A Evolución da Música en Occidente”, “Escenas Mu- sicais” e “A Pantasma do Palco”.

Foi profesor nos Conservatorios Municipais de Ribadavia e Ponteareas. Realizou o Curso de Aptitude Pedagóxica. Participou no grupo de traballo “Un proxecto de mo- delo educativo de centro no contexto do século XXI”, sendo galardoado nos premios de innovación ás boas prácticas educativas 2013. Cursou o Máster de Teatro e Artes Escénicas na Universidade de Vigo.

Na actualidade e profesor de Tuba, Banda de Música e Vicedirector no Cmus Profe- sional de Vigo e Director Convidado da Banda de Música Lira San Miguel de Oia.