Director Coral

O Director, Don Jorge Fernández González.

Natural de Tomiño, iníciase na música con 7 anosn na xa desaparecida escola de música municipal de Tomiño, baixo a supervisión do mestre Manuel música de Vigo, e remataría a súa formación academico-musical, no conservatorio superior dá “Real Sociedad económicade Amigos del País”, de Santiago de Compostela, titulándose en solfexo, teoría dá música, permitíronlle entrar a formar parte activa da Banda de música Unión Musical de Mougás, (Santa María de Oia), donde ocupa o posto de clarinete solista.

Cursou estudos de violín cá prestixiosa violinista “Natalia Zoltan” de Letonia, e recibuó clases maxistrais de piano e interpretación cá virtuosa pianista “Rasa Jakutyte-Biveinienè” de Rusia.

Foi profesor de música e solfexo en diferentes escolas de música e colegios. Actualmente imparte clases de vento-madeira na escola de música da Banda Unión Musical de Mougás.

No mundo coral entrou dá man do mestre “Don Enrique García Vall”, compositor, cantor, director e fundador de grandes e renombradas agrupacións corais, que pasou a metade da sua vida en Estados Unidos, e a outra metade por gran parte dá xeografía española.

Realizou tamén diversos Cursos de Dirección Coral, donde cabe destacar os impartidos pola xa desaparecida mestre e directora estadounidense “Tamara Brooks”.

Acompañou ós teclados a diversas formacións corais. Na actualidade colabora asiduamente con outras agrupaciones corais do seu entorno cando éstas solicitan da sua axuda.

Actualmente compaxina a dirección dá Coral Polifónica de A Cañiza coa batuta dá Coral Polifónica “Lira” de San Miguel de Oia e a do Coro “Ecos do Folón” de Fornelos (O Rosal) da que é o seu Director-fundador.